Mensaxe de erro

  • Deprecated function: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; views_display has a deprecated constructor en require_once() (liña 3139 de /homepages/12/d526528369/htdocs/clickandbuilds/Drupal/ocultural/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; views_many_to_one_helper has a deprecated constructor en require_once() (liña 113 de /homepages/12/d526528369/htdocs/clickandbuilds/Drupal/ocultural/sites/all/modules/ctools/ctools.module).

TURISTEO

Na Mariña Lucense, nesa comarca que debido á súa situación, en ocasións semella ser inalcanzable para galegos e foráneos, atópase a vila de Foz.

Lugar mariñeiro e de tradición onde pasar o "vrao" (así é como chamamos aquí ao verán), de augas caribeñas na súa cor e paisaxes fermosas, Foz evoca unha tranquilidade sin esaxeracións para desfrutar en calquera das nove praias de fina e branca area espalladas polas máis diferentes localizacións: A Rapadoira, Llas, Peizás, A Pampillosa, Arealonga, Polas, Xuncos, Alemáns para os nudistas e A Areoura.

O porto, ese que foi un importante porto de baleas, permite desfrutar no presente dun chiquito nunha das zonas de máis actividade da vila. E desde aquí non debe un deixar de visitar os murais feitos con cerámica de Sargadelos como o da fábrica de xeo ou o do muro inferior da igrexa adicado a Celso Emilio Ferreiro con ese “Rente ao mar ese camiño” en homenaxe a pescantinas e mariñeiros, a zona alta da igrexa onde se esconde o casco antigo da vila, as casetas dos pescadores no chairo do peirao, o esteiro do río Masma, os antigos estaleiros, o mítico barrio do Campo da Cabana con casiñas de cores vivas, o CENIMA, un paseo pola Ribeira, Portochico ou o paseo de Laredo e o faro son elementos de deleite para a vista e os sentidos.

Foz tamén ten montaña, polo que o mirador do Pico da Lebre revela as mellores vistas do entorno e, a próxima basílica de San Martiño, considerada a igrexa máis antiga de España (S. VI), pode resultar tamén unha postal interesante. E se dispoñedes de tempo suficiente despois de tanta boa música recomendámosvos coñecer Cervo coa súa fábrica de Sargadelos, Ribadeo e a Torre dos Moreno, Mondoñedo e Lourenzá… a verdade, un sin fin de posibilidades para os que descoñezan a zona.

En definitiva, VRAÓ! é unha perfecta oportunidade para ir pasar a fin de semana ao norte e desfrutar da súa paisaxe, gastronomía (xa se sabe…e para comer Lugo), xentes, lugares, cheiros… e da festa! Animádevos!

XUNCOS
RAPADOIRA
POLAS
PEIZÁS
PAMPILLOSA
LLAS
AREOURA
AREALONGA
ALEMÁNS


COMO CHEGAR:

Chegar por carretera

Dende Vigo - dende Pontevedra: AP-9 ata Coruña, saída 16 dirección Lugo, A6 saída 522A en dirección Oviedo, A8 saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.
Tamén existe a posibilidade de coller en Santiago a N-634 ata a saída dirección Oviedo, A6 saída 522A en dirección Oviedo, A8 saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.

Dende A Coruña: A6 saída 522A en dirección Oviedo, A8 saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.

Dende Santiago: N-634 ata a saída en dirección Oviedo, A6 saída 522A en dirección Oviedo, A8 saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.

Dende Ferrol: AG-64 saída 572 dirección Oviedo, A8 saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.

Dende Lugo: A6 saída 522A dirección Oviedo, A8 saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.

Dende Ourense: N-120 carretera de Logroño-Vigo dirección Monforte de Lemos, continúase pola mesma nacional ata a saída LU-652, continúase pola carretera LU-546 ata a saída dirección CG-2.2/Lugo/Sarria, cóllese a saída A6 en dirección A Coruña ata a saída 522A dirección Oviedo, A( saída 524 hacia N-634 Foz e continúase pola N-642.

Transporte

Estación de autobuses - ARRIVA
982 560 103
http://www.concellodefoz.es/horarios.php?idioma=GL&tip=1

Estación de tren FEVE
982 130 179
Horarios liñas de tren
Oviedo-Ferrol http://www.concellodefoz.es/horarios.php?idioma=GL&tip=2
Ferrol-Oviedo http://www.concellodefoz.es/horarios.php?idioma=GL&tip=3