Mensaxe de erro

  • Deprecated function: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; views_display has a deprecated constructor en require_once() (liña 3139 de /homepages/12/d526528369/htdocs/clickandbuilds/Drupal/ocultural/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: Methods with the same name as their class will not be constructors in a future version of PHP; views_many_to_one_helper has a deprecated constructor en require_once() (liña 113 de /homepages/12/d526528369/htdocs/clickandbuilds/Drupal/ocultural/sites/all/modules/ctools/ctools.module).

ESCENARIOS

ESCENARIO A MASEIRA

Situado na rúa Illa Nova, diante do bar A Maseira, a escasos cen metros da praia A Rapadoira, este escenario será un dos máis divertidos do festival e, a medida que os últimos raios de sol vaian desaparecendo, a luminosidade de Grampoder e The Lost Omelette Makers daralle a benvida a unha noite máxica.

Un escenario que se contaxia dos puntos fortes do seu local patrocinador. Enxebrismo e innovación á vez, localismo, identidade, alegría, carácter e ambiente especial.

Música, racións da casa e algo para beber. Fai falta máis?

ESCENARIO NAMARINOS

Na rúa Concello de Sarria, paralela á rúa Illa Nova, o pub Namarinos, punto de encontro focense para a primeira copa, contará cun escenario integrado na súa terraza que acollerá a proposta musical máis nocturna de VRAÓ!

Sub Rosa e as súas máquinas inundarán a cálida moqueta de céspede coa súa electrónica ambiental e cunha experiencia sensorial para a evasión e o baile. A tecnoloxía ao servizo da modernidade e a vangarda nun local de estilo moi 'Miami Beach'.

ESCENARIO PACHÁN CLUB

Este escenario está localizado nun dos extremos da Praza Conde Fontao, no porto, ao lado do bar A Rambla, templo lucense das tapas de autor e punto de encontro da bohemia focense.

O final da tarde será o inicio da xornada musical, momento no que o blues de rúa de The Loopholes se mesture cos sabores da nube de torresmo en pan-cristal, das pingas de polbo á feira sobre madeira do país ou dos chips con lacón a 9º.

Sinxeleza, autenticidade e boas vibracións.

ESCENARIO RENTE AO MAR ESE CAMIÑO

Trilitrate e Caxade, é dicir, a conxunción de clasicismo e modernidade, de raíces e evolución, pasarán xunto ao fermoso mosaico do muro da igrexa, adicado a Celso Emilio Ferreiro e que leva escrito parte do último verso do seu poema "Deitado frente ao mar". Ese "…rente ao mar, ise camiño…" dá nome ao escenario máis teatral e encantador do día, tamén situado no porto e patrocinado por dous bares veciños, O Lar e A Funcional, onde cear ou tomar unha copa nun ambiente especial.

ESCENARIO TRÁS!

Na boca do porto, lugar no que antigamente estaba a rula, o habitual ritmo calmo dos barcos contrastará coa enerxía, forza, frenetismo e velocidade das tres propostas que pecharán o festival: Djalminha, El Monstruo e Unicornibot.

Guitarras salvaxes, percusións aceleradas, rock instintivo e música directa, serán os ingredientes do escenario máis aberto ao entorno, con marabillosas vistas da Ría de Foz e patrocinado polo acolledor bar O Muelle, habitual tanto da mocidade como dos mariñeiros locais, e pub Namarinos.