CAXADE

Como moi ben din na biografía do seu espazo web, "CAXADE é o novo projecto pessoal de Alonso Caxade. Indie-folk cum arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e singela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico". E, a verdade, é que se axustan moi ben ao que son.

Caxade naceu a finais do ano 2012 como un proxecto audiovisual que buscaba a transgresión e rapidamente tiveron transcendencia cos videos "Sr. Xorda" ou o surrealista "Gente Pota". Pero a cousa foi a máis.

O pasado novembro de 2013, publicaron o seu primeiro disco, "A Dança dos Moscas", no selo cooperativo Discos da Máquina . Once fermosas cancións nas que Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón), mergúllannos no seu estilo galaico-portugués-centroeuropeo. Elegantes, sofisticadamente sinxelos, cun espírito reivindicativo moi interesante e afastado do habitual. Tan directos como auténticos.

Caxade están moi ligados á situación actual que nos toca vivir, son por tanto, un grupo comprometido co social, puramente contemporáneos, cálidos, coherentes e cunha posta en escena do máis particular.

No xogo das comparacións, camiñan xunto a Beirut ou Yann Tiersen, un par de piropos ben merecidos que non lles pesan.

Hoxe en día, dentro da tradición folk reinterpretada desde o presente, tres bandas sacan a cabeza por encima do resto, Oso Leone (Mallorquíns), Litoral (valenciano-catalano-franceses) e os nosos Caxade.

Sábado, 12 de Xullo
No escenario Rente ao mar ese camiño,

poderedes teletransportarvos con eles,
a quen sabe que tempo, quen sabe que lugar.