TRILITRATE

E de vez en cando, un bate forte contra fermosas pedras como esta, o disco "Faláchesme na man" (editado en 2014 co sistema solidario de crowfunding), estrea do artefacto sonoro chamado Trilitrate, e dá grazas a non sabe quen por andar a navegar en busca de máis música galega diferente e de calidade.

Que non vos engane o seu nome, non é ningunha banda para nenos e nenas, non é unha banda infantil para divertir aos pequenos nas tardes de inverno. É, en realidade, un dos agasallos máis especiais que nos deu esta terra. Música adulta, complexa en execución e moi agradable de escoitar.

Rubén Abad (guitarra), Marcos Padrón (acordeón), Elena Vázquez (violín) e Lau Iturralde nas videoproxeccións (se procede) son unha formación viguesa que trae a Galicia a tradición centroeuropea e balcánica (como Caxade) para darlle un certo toque gipsy, con instrumentacións progresivas propias do post-rock ou do noise, coa experimentación cultural como bandeira e con cousas propias do free jazz e tamén da música clásica. Ábrense novos sendeiros no ámbito do acústico e da libre improvisación.

Están nese punto no que o clásico se convirte na cousa máis moderna, aí onde as influencias son tantas que resultaría ridículo poñerse a enumeralas, nese lugar no que habita a grandeza e a orixinalidade creativa.

Sábado, 12 de Xullo
Escenario Rente ao mar ese camiño,

para facernos desfrutar coas súas atmosferas sonoras.
Un auténtico descubrimento que leva dando moito que falar este 2014.