THE LOOPHOLES

The Loopholes é unha banda anglo-guardesa formada por Bruce Salinas (guitarra, voz e harmónica) e Daniel Alonso (percusión e coros). Son á música o que os graffitis á pintura, espontaneidade, claridade, informalidade, chegar ao punto sen voltas, paixón, ruptura, organismo…

Fan rock acústico íntimo, directo e sen artificios, iso que eles dan en chamar "folk-rock do Delta do Miño", unha especie de música enraizada coa tradición anglófona e entregada en paquetes para o pequeno consumo.

O seu forte é o directo, non como un grande espectáculo impersoal, senón como unha proposta sincera de apego ao público, de interacción permanente, de contacto. Gañan pola súa naturalidade e sinxeleza, cunha estética que homenaxea a figura dos antigos músicos de rúa ou dos vendedores ambulantes, e que pon no seu lugar o popular como forma moi interesante de expresión artística.

O pequeno formato é ideal para eles. Polos seus ritmos amables, elegantes, honestos e afastados das tendencias marcadas polas grandes publicacións. Polas súas historias de persecucións, desigualdades, almas en pena, pelexas, discusións e contrabando de licores tan propias das zonas limítrofes.

The Loopholes son esa banda que un soña con atoparse tocando á volta da esquina en calquera lugar do mundo. Esa banda que pode facernos pensar e convertir un momento cotiá en outro moi especial. Son o local pero tamén o global.

Sábado, 12 Xullo
No escenario Pachán Club,

chega o medicine show.